Monday 13 de May de 2024

Ortigueira acolle este domingo a oitava edición da “Carreira Popular de Ortigueira”


• O evento, organizado pola Pena Ciclista Santa Marta, celébrase na mañá do domingo 14 de agosto

• O último día para formalizar a inscrición é este xoves día 11

Ortigueira acolle este domingo 14 de agosto a oitava edición da “Carreira Popular de Ortigueira”, organizada pola Pena Ciclista Santa Marta.

Existen tres modalidades diferentes nas que inscribirse. Unha carreira de 5Km, unha de 10Km e unha andaina de 13Km. As tres teñen a súa saída nos Xardíns do Malecón. Mentres as carreiras serán polas rúas de Ortigueira, a andaina percorrerá o carreiro litoral Cabalar – Morouzos ata a praia.
Tamén haberá carreiras para menores de 14 anos divididas en tres categorías: sub-10, sub-12 e sub-14.

A data límite para inscribirse é o xoves 11 de agosto, habendo un límite de 400 prazas. Aquí está a ligazón de inscrición: https://www.ins.cronotec.es/web-evento/7511-viii-carreira-popular-ortigueira
As clasificacións das carreiras dividiranse en catro categorías diferentes: sub-18 (14 – 17 anos), sénior (18 – 35 anos), veterano (36 – 49 anos) e veterano 2 (50 ou máis anos) e haberá tres trofeos para cada unha das categorías.

Segundo apunta o alcalde, Juan Penabad, esta carreira “trátase dun evento xa consolidado non calendario deportivo do noso municipio, que conta cunha gran participación”

“Desde ou Concello de Ortigueira apostamos firmemente pola práctica deportiva e por fomentar hábitos de vida que repercutan positivamente na saúde dá nosa veciñanza, por iso apoiamos decicidamente este evento organizado polan Pena Ciclista Santa Marta”.